Xornada PRL | Avaliación de riscos psicosociais en Galicia


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Jornada

Asistencia: Presencial

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Información adicional: Avaliación psicosociais

Descripción


A CEC en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela convidou á comunidade profesional de PRL do noso tecido a participar nunha sesión de traballo participativa, orientada a explorar novos enfoques no estudo e xestión dos factores de risco psicosocial no ámbito laboral no ano 2025,


O obxectivo da sesión foi o de profundizar na tipoloxía reto–obstáculo das demandas laborais e analizar como determinados factores da contorna organizacional poden transformar experiencias potencialmente negativas en oportunidades de desenvolvemento e benestar psicolóxico.


Durante a sesión presentouse un estudo empírico sobre a poboación asalariada galega e celebrouse unha mesa redonda interactiva onde as persoas participantes compartiron experiencias, debatiron resultados e identificaron claves prácticas para unha mellor xestión dos riscos psicosociais no traballo. 


Novamente, dende a CEC, no marco das accións de información e promoción de PRL, organizamos outra sesión de traballo para analizar nesta ocasión sobre ás intervencións no eido laboral sobre os riscos psicosociais tomando como base a análise previa.


Programa


10:00  Presentación


  María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC


10:10  Sesión de traballo: Da análise á intervención. Ferramentas prácticas para  a   intervención de riscos psicosociais.


  Carlos Montes –  Profesor de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións na   Universidade de Santiago de Compostela ·


12:00  Peche