Provincia Emprendedora

Provincia Emprendedora2026-05-13T10:34:30+02:00
Deputación da Coruña

Impulsa Coruña un proxecto para impulsar o desenvolvemento

empresarial na provincia da Coruña

Provincia Emprendedora é unha iniciativa impulsada pola Deputación da Coruña no marco do Plan de Emprego Local (PEL), desenvolvida a través dun convenio de colaboración coa Confederación de Empresarios de La Coruña, co obxectivo de fortalecer o tecido empresarial, impulsar o emprendemento e promover novas oportunidades de desenvolvemento económico na provincia.

O programa integra distintas liñas de actuación orientadas á análise, dinamización e apoio ao ecosistema empresarial provincial, combinando estudos sectoriais, mesas de traballo, servizos de asesoramento empresarial, accións formativas e iniciativas de acompañamento ao emprendemento.

Neste contexto, Impulsa Coruña constitúe a liña de análise e participación empresarial do programa, promovendo espazos de colaboración co tecido económico da provincia para identificar retos, oportunidades e propostas estratéxicas de futuro en sectores clave.

Provincia Emprendedora busca contribuír á competitividade, innovación e sustentabilidade do ecosistema empresarial da provincia, prestando especial atención á activación económica do territorio e ás áreas con maior risco de despoboamento ou menor dinamismo económico.

Queres emprender ou precisas asesoramento empresarial?

A quen vai dirixido?

O programa Impulsa Coruña diríxese a persoas emprendedoras, autónomas e empresas da provincia da Coruña que desexen impulsar novos proxectos empresariais, consolidar as súas iniciativas ou mellorar a competitividade da súa actividade. Así mesmo, está aberto á participación de asociacións empresariais, entidades do ecosistema económico e outros axentes relevantes interesados en contribuír ao desenvolvemento empresarial do territorio, fomentando a colaboración, a innovación e a xeración de novas oportunidades económicas.

A quen vai dirixido?
Que conseguirás co programa?

Que conseguirás co programa?

  • Identificar novas oportunidades de negocio e emprendemento nos sectores estratéxicos da provincia.

  • Acceder a asesoramento especializado para impulsar ou consolidar o teu proxecto empresarial.

  • Mellorar as túas competencias profesionais mediante accións de capacitación e mentoría.

  • Coñecer as necesidades e retos actuais do tecido empresarial da provincia.

  • Establecer contacto con outras empresas, entidades e profesionais, creando novas oportunidades de colaboración.

Obxectivos

ITINERARIOS Á MEDIDA

MESAS SECTORIAIS

Identificar necesidades, retos e oportunidades nos principais sectores produtivos da provincia.

IMPULSAR O EMPRENDEMENTO

PROVINCIA EMPRENDEDORA

Apoiar a creación e consolidación de novos proxectos empresariais.

FORMACIÓN

FORMACIÓN

Actualizar as competencias das empresas, autónomos e persoas emprendedoras.

Impulsando o futuro empresarial da provincia

Impulsando o futuro empresarial da provincia

Impulsa Coruña pretende fortalecer o tecido empresarial da provincia mediante a colaboración entre empresas, entidades e persoas emprendedoras, promovendo a innovación, o emprendemento e a capacitación como ferramentas para impulsar novas oportunidades de desenvolvemento económico na provincia.

Cuestións frecuentes (FAQs)

Que é o programa Impulsa Coruña?2026-03-05T15:36:50+01:00

Impulsa Coruña é unha iniciativa promovida pola Confederación de Empresarios de La Coruña co apoio da Deputación da Coruña orientada a fortalecer o tecido empresarial da provincia mediante accións de análise, apoio ao emprendemento e capacitación.

A quen vai dirixido o programa?2026-03-30T15:20:43+02:00

O programa está dirixido a persoas emprendedoras, autónomas, pequenas e medianas empresas, centros educativos e outras entidades do ecosistema empresarial da provincia da Coruña interesadas en impulsar ou mellorar a súa actividade empresarial.

Que tipo de apoio ofrece o programa?2026-03-05T15:32:11+01:00

Impulsa Coruña ofrece servizos de información e asesoramento empresarial, apoio ao emprendemento, orientación sobre financiamento e actividades de capacitación como xornadas, talleres e mentorías.

O programa ten algún custo para as persoas participantes?2026-03-05T15:32:32+01:00

Non. A participación nas accións do programa é gratuíta para as persoas e empresas participantes.

Teño que ter unha empresa creada para participar?2026-03-05T15:32:52+01:00

Non necesariamente. O programa tamén está aberto a persoas emprendedoras que teñan unha idea de negocio e desexen desenvolvela ou analizar a súa viabilidade.

Como podo participar no programa?2026-04-08T11:46:01+02:00

Impulsa Coruña ofrece un servizo accesible e flexible, deseñado para facilitar a participación desde calquera punto da provincia. O programa actúa en todo o territorio, con especial presenza nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Ordes, Betanzos, A Coruña, Eume, Ortegal e Ferrol, garantindo unha cobertura ampla e adaptada á realidade económica de cada zona.

Para facilitar o acceso, o programa pon á disposición diferentes vías de contacto adaptadas ás necesidades de persoas emprendedoras, autónomas e empresas.

As persoas interesadas poden participar nas diferentes accións cubrindo o formulario dispoñible ao final desta páxina ou contactando a través das seguintes canles:

  • Vía telefónica: 981 17 41 41
  • Vía email: emprende@cec.es
  • Atención presencial: Sede CEC – Plaza Luis Seoane Torre 1 Entreplanta – 15008 A Coruña

Ademais, o equipo de Impulsa Coruña ofrece acompañamento ao longo de todo o proceso, facilitando o acceso aos servizos e resolvendo calquera dúbida de forma áxil e personalizada.

Cando comezarán as actividades do programa?2026-03-05T16:16:54+01:00

As distintas actuacións do programa desenvolveranse ao longo do período de execución do proxecto. As persoas e entidades interesadas serán informadas das diferentes actividades, mesas sectoriais, accións formativas e servizos de asesoramento a medida que se vaian programando.

Actividade subvencionada pola:

Deputación da Coruña

NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Conecta co ecosistema empresarial da provincia

Ir a Arriba