Dende o departamento de PRL da CEC temos o pracer de convidarvos a participar no Ciclo de Diálogos sobre Prevención de Riscos Laborais, un espazo de reflexión e aprendizaxe compartida arredor de tres eixos fundamentais para unha prevención máis inclusiva e eficaz:
-
Enfoque de xénero na PRL | 24 de outubro | + info
-
Adaptación de postos de traballo por motivos de saúde | 29 de outubro | + info
-
Violencia no lugar de traballo no contexto actual | 30 de outubro | + info
A través de tres sesións abertas e participativas, queremos fomentar o intercambio de experiencias, boas prácticas e propostas que contribúan a integrar estes enfoques na xestión preventiva.
As sesións están dirixidas a profesionais, delegadas/os de prevención, técnicas/os e a todas aquelas persoas interesadas en avanzar cara a contornos laborais máis seguros, saudables e equitativos.
As participación é de balde, pero require inscrición.
A vosa voz e experiencia serán valiosas neste diálogo compartido.