A violencia no lugar de traballo no contexto actual baixo a óptica da PRL
Datos generales
Tipo de evento: Jornada
Asistencia: Mixta (P+R)
Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008
Información adicional: Violencia no traballo
Descripción
A violencia no ámbito laboral é un risco emerxente que afecta á seguridade, á saúde e ao benestar das persoas traballadoras. No contexto actual, caracterizado por cambios sociais, tecnolóxicos e organizativos, é fundamental recoñecer, previr e xestionar adecuadamente calquera forma de violencia física, psicolóxica ou verbal que poida producirse no lugar de traballo.
Nesta sesión abordaremos as diferentes tipoloxías de violencia laboral, centrándonos nas agresións externas, analizando os factores que as favorecen e as ferramentas dispoñibles para previr e actuar de maneira eficaz.
Contaremos coa participación de especialistas en prevención de riscos laborais que compartirán experiencias, casos prácticos e recomendacións para crear contornas laborais seguras, respectuosas e saudables.
O encontro pretende fomentar unha cultura preventiva baseada no respecto, a empatía e a comunicación, promovendo a colaboración entre empresas, administracións e persoal traballador para reducir o impacto da violencia no traballo e mellorar o benestar organizativo.
Dende a CEC, no marco das accións de información e promoción de PRL, organizamos esta sesión de diálogo para gozar dun espazo de intercambio de coñecemento e reflexións compartidas para afondar na mellora da xestión preventiva.
Programa
10:00 Presentación
María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC
10:10 Violencia no lugar de traballo no contexto actual
Antonio Vázquez – Consultor de cultura, liderazgo e innovación en PrevenControl y miembro de la Junta Directiva da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL)
*Conexión cun Director de Seguridade Privada con larga experiencia no control do risco de violencia externa no traballo
12:00 Peche