A adopción de prácticas e condutas saudables permite mellorar as condicións físicas e psicolóxicas das persoas. A súa incorporación á rutina diaria require esforzo, planificación e constancia, o que en ocasións pode dificultar a súa posta en marcha. Porén, existe unha actividade á que dedicamos unha parte importante do noso tempo e que, con frecuencia, descoidamos: o sono.
Nun contexto no que os ritmos de vida e traballo son cada vez máis esixentes, prestar atención ao descanso convértese nun factor clave para manter a saúde, o benestar e un bo rendemento. Neste webinar, organizado en colaboración con FREMAP, ofreceranse pautas sinxelas e prácticas para mellorar os hábitos de sono e acadar un descanso máis completo, que nos permita afrontar con mellores garantías os retos do día a día.
🗓 Data: 3 de xuño de 2026
⏰ Horario: 10:00 – 11:30 h
💻 Modalidade: Videoconferencia
Podedes consultar máis información e inscribirvos a través desta ligazón.


