V ASAMBLEA DE EMPRESAS VETERINARIAS DE GALICIA
Un ano máis, Empresas Veterinarias de Galicia como patronal do sector sanitario veterinario privado en Galicia, celebrou a súa Asemblea anual, nesta ocasión na cidade da Coruña, concretamente no hotel Atticca 21.
Esta asociación empresarial naceu no ano 2018, co obxectivo de atender e representar ao tecido empresarial galego, integrándose na CEO -por domicilio social- e en APE Galicia.
O presidente da CEC, Antonio Fontenla, xunto co concelleiro do concello, José Manuel Lage, e o presidente do Colexio de Veterinarios da Coruña, Javier Balado arrouparon á presidenta de EVGAL María Xesús Blanco na inauguración deste Asemblea.
Antonio Fontenla, na súa intervención destacou «Detrás de cada centro ou firma veterinaria hai profesionais de alta cualificación, que ademais de coidar da saúde animal –e, desde a perspectiva dunha soa saúde, da saúde global– e contribuír á seguridade alimentaria, deben enfrontarse cada día aos mesmos retos que calquera empresario: a sustentabilidade, a dixitalización, a xestión de equipos, a fiscalidade, o cumprimento normativo ou a relación coas administracións. Como calquera empresa, o voso día a día implica un esforzo de investimento, xestión e boa administración. Por iso, o labor da Asociación de Empresas Veterinarias de Galicia, EVGAL, é tan necesaria. O seu propósito de dar valor empresarial ao sector veterinario, de ofrecer unha voz colectiva #ante as institucións e fomentar a colaboración entre profesionais e as entidades de representación empresarial, como as confederacións empresariais, fortalece o tecido económico galego e reforza a nosa capacidade de representación conxunta.Desde a CEC compartimos plenamente esa visión: recoñecer, prestixiar e acompañar ao empresario, sexa cal for o seu sector ou tamaño, porque só con empresas sólidas e organizadas podemos construír unha Galicia máis competitiva e próspera».

