Sentidiño e retranca na prevención
Nesta colección de carteis, vídeos e audios mesturamos a xestión preventiva actual coas nosas frases retranqueiras de sempre.
Un diálogo entre pasado e presente que nos axuda a lembrar, con humor e sabedoría popular, que a prevención sempre foi, e segue a ser unha cuestión de sentido común e de coidado compartido.
O noso norte

VISIBILIZAR
Visibilizar a importancia da PRL no contexto actual, facendo que chegue a todas as persoas dun xeito próximo e atractivo.

CONECTAR
Conectar pasado e presente, recuperando a retranca e a sabedoría popular galega como vehículo para falar de seguridade e saúde no traballo.

SENSIBILIZAR
Sensibilizar sobre a cultura preventiva, hábitos e prácticas seguras no día a día laboral.

IMPLICAR
Implicar ás persoas, facendo que se recoñezan nas frases e exemplos, e reforzando a idea de que a prevención é cousa de todas e todos.
Quen ten parte neste conto?
Esta iniciativa está pensada para todas as persoas que forman parte dos centros de traballo: dirección, responsables de prevención, delegados e delegadas, equipos técnicos e, sobre todo, o conxunto de persoas traballadoras.


Cal é o miolo da iniciativa?
Miradas que coidan
01. Caer da burra
Quen abre os ollos a tempo, evita dano e arrepentimento.
02. Nunca choveu que non escampara
Quen espera con prudencia, traballa con máis conciencia.
03. Outra vaca máis no millo
Risco sen xestionar, outro que vén detrás.
04. Estar na horta e non ver as verzas
No traballo, ollos abertos, riscos cubertos.
05. Galiña vella fai bo caldo
Persoa traballadora veterán, seguridade na man.
6. Máis list@ que un allo
Coa seguridade por diante, intelixencia ao instante.
8. Sae máis cara a salsa que o peixe
Se no risco queres aforrar máis caro che vai custar.
Voces que coidan
Caer da burra
A confianza cega non evita accidentes.
Nunca choveu que non escampara
Toda situación difícil pode superarse..
Outra vaca máis no millo
Non deixes que os problemas se acumulen.
Estar na horta e non ver as verzas
A seguridade é responsabilidade compartida.
Galiña vella fai bo caldo
A seguridade medra coa experiencia.
Máis list@ que un allo
A prevención é intelixencia en acción.
Non sexa o demo
A prevención é unha boa compañeira de viaxe.
Sae máis cara a salsa que o peixe
A seguridade non é un gasto, é unha garantía.
Ser un toxo
A PRL medra con actitudes abertas.
Por que esta iniciativa?
Por que esta iniciativa?
Porque mestura o saber popular galego coa prevención actual, facendo que a seguridade e a saúde no traballo se sintan próximas, vividas e compartidas.
Porque non só transmite información, senón que inspira compromiso, coidado mutuo e sentido común, lembrándonos que a prevención tamén se aprende co corazón.
Entender a iniciativa
Trátase dunha colección de 9 carteis, vídeos e audios nos que mesturamos a xestión actual da PRL con frases retranqueiras galegas. O obxectivo é facer a información e sensibilización sobre seguridade e saúde no traballo máis próxima, amena e memorable.
A retranca é un estilo de humor galego, sutil e irónico, que expresa crítica ou reflexión con un ton amable e elegante. Non é sarcasmo agresivo, senón unha forma de comunicar con astucia, retranca e sorriso, facendo que a mensaxe cale mellor.
Empregar retranca permítenos:
- Captar a atención das persoas de maneira lixeira e divertida.
- Transmitir reflexións serias sobre prevención sen resultar pesado ou repetitivo.
- Conectar coas persoas usando referencias culturais propias que se senten cercanas e identificables.
- Fomentar o recordo das mensaxes, porque a retranca crea imaxe e emoción xunto á información.
- Sensibilizar sobre a importancia da PRL dun xeito cercano e participativo.
- Promover a cultura preventiva integrando o humor e a sabedoría popular galega.
- Facilitar que as persoas reflexionen e compartan experiencias, facendo da prevención un valor colectivo.
Os materiais da iniciativa están deseñados para uso libre e adaptado dentro dos centros de traballo. O obxectivo é que poidan empregarse en campañas de información, formación ou sensibilización, sempre mantendo o espírito da iniciativa: transmitir prevención de maneira próxima, creativa e con retranca galega. Respetando a autoría e financiación dos mesmos.
Esta iniciativa está financiada pola Xunta de Galicia, no marco do proxecto solicitado pola CEG e que executa a CEC ao abeiro das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.
Deseño retro
- Evoca os primeiros materiais de prevención do s. XX
- Conecta coa tradición gráfica do sector
Contexto histórico
- Só homes representados, por ser sectores masculinizados
- Reflexo fiel da lóxica da época
Visión contemporánea
- Vídeos con enfoque técnico e pedagóxico
- Inclusión das mulleres no ámbito laboral
- Prevención como dereito universal e responsabilidade compartida
Na elaboración deste proxecto utilizáronse recursos gráficos e tipográficos con diferentes tipos de licenza:
- Imaxes: procedentes de Freepik con licenza Pro.
- Vídeo e audio: xerados mediante ferramentas de Intelixencia Artificial (IA), seguindo as condicións de uso de cada aplicación.
- Tipografía: fontes descargadas desde imagex-fonts.com, dispoñibles baixo licenza free para uso non comercial.
Deste xeito, todos os elementos visuais e tipográficos utilizados respectan as condicións establecidas polos seus autores e plataformas de orixe.
Cofinanciamento

A TÚA VOZ CONTA
Tes algo que dicir? Pois non quedes coa retranca dentro.