🤝 As relacións interpersoais tamén forman parte da prevención de riscos laborais.
No día a día do traballo, as relacións profesionais son, na maioría das ocasións, unha fonte de apoio, colaboración e benestar. Pero que acontece cando se converten nun foco de tensión, conflito ou desgaste emocional?
Os riscos psicosociais teñen cada vez maior relevancia no ámbito laboral e poden afectar ao benestar, á motivación, á satisfacción profesional e á saúde das persoas traballadoras.
Por iso, desde a CEC, no marco das accións de información e promoción da PRL, organizamos esta xornada para abordar situacións complexas nas relacións profesionais e compartir ferramentas prácticas para identificalas e xestionalas de maneira saudable.
Un espazo para aprender, reflexionar e adquirir recursos que nos permitan:
- Fortalecer as relacións profesionais.
- Previr e xestionar situacións de conflito.
- Coidar o benestar emocional no traballo.
- Contribuír á creación de contornas laborais máis saudables, respectuosas e colaborativas.
📅 24/09/2026
📍 A Coruña
🕐 10-12 h
👉 Inscríbete e acompáñanos nesta xornada.
A asistencia é gratuita pero, requiere inscrición.


