A Xunta de Galicia en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e co Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. (Tecnópole) lanzan unha nova convocatoria do Programa de Aceleración para a Internacionalización de pemes galegas GALICIA AVANZAGALICIA AVANZA é un programa de aceleración especializado na comercialización internacional da innovación que persegue que solucións innovadoras galegas alcancen a presenza e/ou o fortalecemento no mercado exterior no menor tempo posible.
Empresas Beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias do Programa GALICIA AVANZA ata 30 pemes galegas innovadoras e/ou de base tecnolóxica pertenecentes a calquera sector que conten cun produto ou servicio innovador con potencial de desenvolvemento a nivel internacional.
O que podes conseguir:
Coa participación en GALICIA AVANZA, poderás:
- Validar a viabilidade da saída ao mercado internacional das túas solucións innovadoras.
- Impulsar a comercialización destas solucións no mercado exterior reducindo os tempos da súa dispoñibilidade en condicións axeitadas.
- Reforzar a consolidación destas solucións no mercado internacional, e cunha visión de crecemento escalable e sostible a medio prazo.
- Fortalecer a túa estratexia de internacionalización, e incrementar de xeito xeral a túa capacidade de adaptación aos novos mercados.
- Incrementar a atracción de financiamento externo, maximizando a captación de fondos públicos ou privados.
Metodoloxía:
Galicia Avanza non é unha convocatoria de axudas, é un programa integral de apoio á internacionalización da innovación, que funciona como unha aceleradora de pemes consolidadas.
Durante 8 meses, estarás asesorado por expertos a través dun itinerario individualizado co seguinte alcance:
Durante os 2 primeiros meses un experto analizará o punto de partida da túa empresa e definirá as túas necesidades para internacionalizar os teus produtos e/ou servizos innovadores.
Tecnopole contratará todos aqueles servizos que precise a túa empresa para acadar o obxectivo de internacionalización. Estes servizos teñen a consideración de subvencións en especie, suxeita a mínimis.
A túa empresa levará a cabo as actividades definidas no teu plan de acción co apoio dun experto en internacionalización durante os 6 meses posteriores.
Ademais, poderás participará en sesións formativas e terás acceso a asesores experimentados en diferentes áreas de internacionalización.
Máis información:
Consulta as bases da convocatoria, aberta ata o 28 de febreiro, e accede ao formulario de inscrición.