Co obxectivo de fundamentar e orientar as actuacións preventivas que se poden desenvolver no eido empresarial tendo en conta as Notas Técnicas de Prevención (NTP) publicadas polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), e que consideramos unha referencia técnica esencial no ámbito da prevención de riscos laborais, presentamos as que están vencelladas coa xestión da idade ou que poden tomarse como referencia para poboación traballadora maior de 55 anos:
-
NTP 1176 — “Idade e diversidade xeracional na xestión da seguridade e saúde: accións clave”: guía de actuacións para integrar a perspectiva de idade na xestión preventiva.
-
Tamén dispoñible: diversas guías e materiais sobre envellecemento e traballo, e unha guía para a xestión da saúde e adaptación do posto en persoas de maior idade.
As NTP recollen criterios, metodoloxías e recomendacións actualizadas para a xestión preventiva nas empresas.
Para cada unha das temáticas prioritarias abordadas, identificáronse as NTP correspondentes que serven de base técnica e documental para o deseño das accións de información, sensibilización e asesoramento desenvolvidas polo Gabinete técnico PRL da CEC.

