A CEC, en colaboración coa CEG e con fondos da Xunta de Galicia, desenvolve un ano máis o plan de formación PRL, que trata de impulsar a mellora das condicións de seguridade e saúde nos centros de traballo a través da formación.

Nesta ocasión, organizamos 8 cursos PRL:

O plan de formación deste ano está centrado en temáticas para o manexo seguro de equipos de traballo como son as carretas elevadoras, formación para poder desempeñar as funcións de recurso preventivo e para aprender a traballar de xeito seguro en traballos verticais, espazos confinados ou traballos en altura.

Todas as accións teñen carácter gratuito e están dirixidas a persoas traballadoras en activo ou en situación de desemprego.

Plan formación PRL 2025