Programa de apoio á inserción laboral para persoas afectadas polo peche das centrais térmicas

Programa de apoio á inserción laboral para persoas afectadas polo peche das centrais térmicas2025-09-26T10:31:07+02:00

Fórmate, reorienta e volve traballar cun programa pensado para ti.

Se traballaches ou estás afectado/a polo peche das centrais térmicas das Pontes ou Meirama, este é o teu momento.
A Xunta de Galicia, co apoio da Unión Europea, pon en marcha un programa gratuíto para axudarte a volver ao mercado laboral, cambiar de sector ou incluso emprender o teu propio proxecto.

Que é o PAI?

Un plan de inserción laboral 100% subvencionado e deseñado para ti se viches afectado/a pola transición enerxética. Un programa personalizado, práctico e con impacto real.

Obxectivos

ITINERARIOS Á MEDIDA

ITINERARIOS Á MEDIDA

Adaptados á túa experiencia e intereses para que avances ao teu ritmo e cara aos teus obxectivos.

FORMACIÓN

FORMACIÓN

Sectores con futuro: enerxías renovables, dixitalización, eficiencia enerxética e moito máis.

EMPRENDE O TEU CAMIÑO

EMPRENDE O TEU CAMIÑO

Apoio na procura de emprego ou na posta en marcha do teu propio proxecto profesional.

VISIBILIZA_DAS

SEMPRE AO TEU CARÓN

Acompañamento individual e continuo durante todo o proceso para que nunca te sintas soa/o.

A quen vai dirixido?

Se estás desempregado/a ou en activo e procedes dunha empresa afectada polo peche das centrais, podes participar.
Priorízanse persoas que residan nos seguintes concellos da provincia da Coruña:
Cerceda, As Pontes, Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Carral, A Laracha, Ordes e Tordoia.

A quen vai dirixido
que conseguirás co programa

Que conseguirás co programa?

  • Apoio integral dende o primeiro día ata que te reincorpores ao mercado laboral.

  • Formación práctica, útil e enfocada a sectores en crecemento.
  • Sesións de orientación e asesoramento individualizado.

  • Axuda para buscar emprego ou lanzar o teu proxecto emprendedor.

  • Seguimento durante os primeiros meses no novo posto de traballo.

Que accións inclúe?

01. Acollida e diagnose inicial

Coñeceremos o teu caso para deseñar un plan que se adapte a ti.

01. Acollida e diagnose inicial
02. Talleres de sensibilización

02. Talleres de sensibilización

Encontros grupais para descubrir oportunidades reais e inspirarte.

03. Orientación laboral personalizada

Para mellorar a túa empregabilidade ou valorar o camiño do autoemprego.

03. Orientación laboral personalizada
05. Apoio á recolocación

04. Formación profesional á carta

Aprende o que realmente se necesita hoxe: competencias dixitais, eficiencia enerxética, especialización industrial…

05. Apoio á recolocación

Accede a ofertas de emprego ou recibe axuda para montar o teu negocio.

04. Formación profesional á carta
6. Seguimento no emprego

6. Seguimento no emprego

Non estás só/a: acompañámoste tamén nos teus primeiros pasos no novo traballo.

Por que este programa é diferente?

Por que este programa é diferente?

Unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia e cofinanciada pola Unión Europea, con respaldo de entidades como UGT-FICA, CCOO Industria, ASIME e a CEC. Ofrece atención personalizada, formación adaptada ao mercado laboral e accións completamente gratuítas.

Cuestións frecuentes (FAQs)

Que criterios de priorización existen para a selección das persoas beneficiarias?2025-09-01T12:12:11+02:00

Terán prioridade as persoas que procedan de empresas afectadas, directa ou indirectamente, polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes (A Coruña). Entre elas inclúense:

  • Empresas auxiliares que realizan tarefas de mantemento eléctrico, mecánico, control electrónico, ambiental, químico, ou ECAs que emiten certificacións de cumprimento normativo.
  • Empresas de subministración de compoñentes industriais, almacéns de material eléctrico, electrónica, ferreterías, etc.
  • Empresas constructoras e de obra civil, dedicadas á realización de obra nova ou ao mantemento de edificios.
  • Empresas de seguridade encargadas do control de accesos á central e da vixilancia do perímetro e instalacións auxiliares (subestación, planta de tratamento de auga…).
  • Empresas de transporte de mercadorías.
  • Empresas electrointensivas afectadas polo encarecemento da electricidade derivado do peche das centrais térmicas.
Como sei se son persoa beneficiaria?2025-09-01T12:11:23+02:00

Poderás participar no programa se formas parte da poboación afectada directa ou indirectamente polo peche das centrais térmicas:

  • Persoas empregadas ou desempregadas que residan na provincia da Coruña e que procedan das centrais térmicas, ao verse afectadas directamente polo seu peche.
  • Persoas empregadas ou desempregadas que residan na provincia da Coruña e que procedan de empresas provedoras das centrais térmicas, ao verse tamén afectadas directamente polo seu peche.
  • Persoas empregadas ou desempregadas que residan na provincia da Coruña e que procedan de empresas cun centro de traballo localizado na zona de actuación (Cerceda, As Pontes e os municipios previstos nos protocolos de actuación dos convenios de Transición Xusta de Galicia), ao verse afectadas indirectamente polo peche das centrais.
Debo vivir nalgunha zona concreta?2025-06-11T13:27:16+02:00

Si, na provincia da Coruña, priorizándose 16 municipios afectados (Cerceda, As Pontes, Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Carral, A Laracha, Ordes e Tordoia).

E se quero montar o meu propio negocio?2025-06-11T13:26:34+02:00

Perfecto. Terás acceso á Escola de Emprendedores/as e asesoramento personalizado.

Como é a formación?2025-06-11T13:26:19+02:00

Adaptada ao teu perfil e intereses. Inclúe contidos básicos, dixitais, verdes e tamén módulos para emprender.

Teño que estar en paro?2025-06-11T13:26:05+02:00

Non, tamén podes participar se estás traballando nunha empresa afectada.

Cofinanciamento

Logotipos PAI

¿NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?

Reconstrúe o teu futuro profesional con apoio real.

Ir a Arriba