
O turismo avanza cara a un modelo máis ordenado, rendible e sostible
O turismo é un dos sectores con maior peso na economía da provincia e segue evolucionando para respoder ás novas demandas do mercado. A riqueza do patrimonio, a gastronomía, a natureza, a oferta cultural e a identidade territorial sitúan A Coruña nunha posición privilexiada para seguir consolidándose como un destino de referencia. O debate xa non se centra no número de visitantes, senón na necesidade de avanzar cara a un modelo máis ordenado, rendible e sostible.
As achegas realizadas durante a mesa electoral coincide nunha mesma idea: o reto xa non é atraer máis persoas visitantes senón aumentar o valor que xera cada unha delas. Prolongar a súa estancia, favorecer o consumo de produtos e servizos locais e impulsar una actividade de maior calidade permitirá reforzar un turismo máis sostible e cun maior impacto económico no territorio. A colaboración entre administracións, empresas e axentes do sector será clave para aproveitar mellor este potencial e seguir gañando competitividade a longo prazo.
Retos críticos: A dispoñibilidade de profesionais cualificados continúa sendo unhas das principais preocupacións. Empresas de hostalería, aloxamentos e actividades turísticas atopan dificultades para cubrir determinados perfís. Por iso é necesario reforzar a formación, poñer en valor estas profesións e achegar a oferta formativa ás necesidades reais das empresas.
A conectividade segue condicionando a competitividade do destino. Mellorar as conexións aéreas, a mobilidade e a coordinación na planificación de novas infraestruturas considerase esencial para atraer visitantes durante todo o ano, e favorecer o crecemento do turismo de congresos e reunións.
Outro dos aspectos destacados foi a necesidade dunha maior coordinación entre os distintos territorios. A promoción, a programación cultural, o comercio, o porto, a mobilidade ou a xestión de cruceiros non sempre responden a unha estratexia común. Unha mellor comunicación permitiría reforzar a imaxe da provincia, aproveitar mellor os recursos disponibles e ofrecer unha proposta máis integrada.
O debate tamén puxo o foco no intrusismo, na regulación das vivendas de uso turístico e na necesidade de compatibilizar o crecemento da actividade coa convivencia e o benestar da poboación.
A dixitalización constitúe outra das liñas de traballo. Máis alá da incorporación de novas ferramentas, o reto é mellorar a promoción e a comercialización, coñecer mellor o comportamento dos visitantes, optimizar a xestión e ofrecer experiencias máis adaptadas ás novas demandas.
Fortalezas: A provincia reúne unha combinación de recursos que constitúen unha das súas principais fortalezas. O patrimonio histórico e natural, a costa, o Camiño de Santiago gastronomía, patrimonio cultural e unha identidade territorial conforman unha base sólida para seguir construíndo unha oferta de maior valor engadido.
Ademais, existe unha importante oportunidade para crear propostas que conecten esta actividad con ámbitos como o comercio, a cultura ou a gastronomía enriquecendo a experiencia das persoas visitantes e xerando un maior retorno económico para o territorio.
Oportunidades: O turismo de congresos, reunións e eventos representa un dos ámbitos con mellores perspectivas de crecimiento. O seu impulso pode contribuír a reducir a estacionalidade, atraer visitantes durante todo o ano e dinamizar a hostalería, o comercio e o resto de servizos vinculados ao sector. Outra oportunidade é conectar mellor o turismo con outros sectores estratéxicos para enriquecer a experiencia turística e ampliar os beneficios.
Conclusión: A provincia dispón de recursos, empresas e capacidades para seguir reforzando a súa posición como destino turístico de referencia. O reto pasa por consolidar un modelo baseado na calidade, na colaboración, e na sustentabilidade, capaz de xerar máis valor engadido, mellorar a experiencia das persoas visitantes e contribuir ao desenvolvemento equilbrado do territorio.





