Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.

Caer da burra
Frase: Quen abre os ollos a tempo, evita dano e arrepentimento.

Reaccionamos ou anticipámonos aos riscos? Coa guía Caer da burra aprenderás a identificar as deficiencias nos postos de traballo e a actualizar a avaliación de riscos antes de que se produza un accidente. Abre os ollos a tempo e pon en marcha medidas correctoras eficaces na túa empresa.