Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.
- Fomenta unha cultura preventiva aberta, baseada na escoita e na confianza. Unha actitude ríxida bloquea a seguridade. Utiliza esta mini guía para avaliar os factores psicosociais e garantir un espazo onde calquera traballador poida dicir «isto non é seguro» sen temor.


