Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.
- Calcular o custo real da prevención é clave para o teu negocio. Unha alternativa barata que reduza o nivel de protección acaba saíndo moi cara. Esta guía analiza o impacto económico das baixas e avarías, axudándote a xestionar un orzamento preventivo realista.


