Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.

Non sexa o demo
O que se garda con tino, non lle pesa no camiño.
  • Estamos preparados para o imprevisto razoablemente previsible? Cun enfoque centrado na preparación e na dispoñibilidade dos EPI e equipos de emerxencia, esta guía ensínache a verificar que todas as medidas de seguridade funcionen antes de expoñerse ao perigo.