Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.

Máis list@ que un allo
Coa seguridade por diante, intelixencia ao instante.
  • Resolve os imprevistos con criterio preventivo, non con improvisación. Deseñada especialmente para abordar tarefas non habituais, esta guía axúdate a priorizar a protección colectiva e a garantir que todo o equipo reciba instrucións claras e accesibles antes de comezar.