Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.

Galiña vella fai bo caldo
Persoa traballadora veterán, seguridade na man.
  • Non confundas a experiencia coa ausencia de risco. Descarga esta mini guía para aprender a aproveitar o gran saber do persoal máis veterano na acollida de novos compañeiros, sen caer no exceso de confianza nin normalizar hábitos inseguros na rutina laboral.