Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.

Estar na horta e non ver as verzas
No traballo, ollos abertos, riscos cubertos.
  • A prevención debe estar nas tarefas diarias, non só nos papeis. Esta guía ofrece un checklist práctico para comprobar se o que figura nos procedementos escritos coincide co que acontece realmente no posto de traballo: orde, proteccións en máquinas e canles de comunicación abertas.