No ámbito da Prevención de Riscos Laborais, o benestar das persoas traballadoras é un compoñente esencial dunha cultura preventiva sólida. Fomentar o benestar non só mellora a calidade de vida do persoal, senón que tamén contribúe á reducción de riscos, á prevención de accidentes e á consolidación dunha cultura preventiva reforzada e comprometida.
Dende a CEC, en colaboración con APROSAL e con financiamento da Xunta de Galicia, organizamos esta xornada especial sobre benestar, centrada en proporcionar ferramentas, coñecementos e boas prácticas para abordar o benestar desde diferentes ópticas: física, emocional, social e organizativa.
O obxectivo desta sesión é afondar no papel do benestar como eixo estratéxico da Prevención de Riscos Laborais, sensibilizar sobre a súa importancia, e ofrecer pautas prácticas que permitan ás organizacións promover un ambiente laboral máis saudable, seguro e sostible.
Esta xornada está pensada para responsables de PRL, persoal de recursos humanos e todas aquelas persoas interesadas en impulsar a saúde e o benestar no seu entorno laboral, fomentando unha cultura de prevención baseada en compromiso e responsabilidade compartida.
A sesión celebrarase na sede da Asociación Raíña Paraíso, unha entidade do terceiro sector, apostando pola dimensión social do benestar e destacando a importancia de integrar a responsabilidade social e o compromiso comunitario dentro das prácticas de Prevención de Riscos Laborais. Esta elección subliña que o benestar non só é individual, senón tamén colectivo, fortalecendo as relacións e a cohesión no ámbito laboral e social.