Programa (Des)Conecta


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Curso

Asistencia: Presencial

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Información adicional: Programa DesConecta

Descripción


Programa de mindfulness e compaixón: Aprendendo a parar, regular e conectar

Este programa é unha versión intensiva do programa Mindful Self-Compassion (MSC), que combina as habilidades de mindfulness e autocompaixón para mellorar o benestar emocional. Máis concretamente, está deseñado desde unha aproximación experiencial para axudar ás persoas participantes a intensificar a súa concentración, a xestionar as tensións diarias e a mellorar a súa capacidade de recuperación. 
 As actividades do programa inclúen charlas curtas, exercicios experienciais, meditacións, discusións en grupo e pautas para a práctica na casa. 
Unha oportunidade para explorar a forma na que adoitamos responder ás dificultades do día a día e para aprender ferramentas para facer fronte aos momentos difíciles da vida con amabilidade e coidado.
 
 Obxectivos:
  • Mellorar a atención e a concentración. 
  • Aprender a conectar con nós mesmos/mesmas e practicar a autoapreciación. 
  • Aprender a manexar as emocións difíciles con maior facilidade. 
  • Coñecer e practicar como tratarnos de forma máis amable. 
  • Adquirir ferramentas e recursos útiles para a práctica diaria. 

Duración e datas:
A duración do programa é de 15 horas, distribuídas en 8 h presenciais  e 7 h de realización de actividades na casa. 
 As datas das sesións presenciais son:
  • Sesión 1 | 23 de maio   
  • Sesión 2 | 1 de xuño   
  • Sesión 3 | 6 de xuño   
  • Sesión 4 | 13 de xuño     

Prezo:
Participar no programa (Des)Conecta, ten un custe de 75 €, que inclúe:
  • Asistir ás sesións presenciais
  • Realización de exerciciós prácticos
  • Realización de consultas
  • Conta de acceso á sección virtual do programa