Primeiros Auxilios Psicolóxicos
Datos generales
Tipo de evento: Jornada
Asistencia: Presencial
Localización: Calle Santa Mª, s/n, 15810, ARZUA
Descripción
En situacións de crise ou emerxencia, as reaccións emocionais e psicolóxicas poden ser tan impactantes como as físicas.
Os Primeiros Auxilios Psicolóxicos (PAP) son unha intervención inmediata e breve que busca ofrecer apoio emocional e axudar a estabilizar as persoas afectadas. Todas as persoas podemos ser axentes de apoio nun momento de crise. Unha resposta adecuada pode marcar a diferenza.
Dende a CEC, no marco das accións de información e promoción da PRL, organizamos esta xornada como un espazo para coñecer os Primeiros Auxilios Psicolóxicos (PAP), compartir coñecementos e reflexionar sobre a importancia de saber actuar ante situacións de crise no ámbito laboral.
Programa
16:00 Presentación
16:15 Primeiros Auxilios Psicolóxicos. Actuación ante crises psicolóxicas
Elsa Rodríguez – Membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Pscioloxía de Galicia.
17:30 Coloquio


