Seguridade contra incendios: normativa vixente e aplicación práctica


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Jornada

Asistencia: Presencial

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Información adicional: PRL PCI

Descripción

A seguridade contra incendios constitúe un aspecto fundamental da prevención de riscos laborais e da protección das persoas, das instalacións e dos bens. O cumprimento da normativa vixente e a súa correcta aplicación práctica resultan esenciais para previr situacións de risco, reducir a probabilidade de que se produza un incendio e garantir unha resposta eficaz ante posibles emerxencias. Nesta xornada abordaranse os principais requisitos normativos nesta materia, afondando nas obrigas das organizacións e nas medidas de prevención, protección e actuación que permiten mellorar a seguridade nos centros de traballo. 
Dende a CEC, no marco das accións de información e promoción da PRL, organizamos esta sesión de traballo como un espazo para compartir coñecemento, intercambiar experiencias e reflexionar sobre os principais desafíos da seguridade contra incendios no marco actual, co obxectivo de facilitar a súa abordaxe práctica e contribuír á mellora continua da seguridade e saúde nas organizacións.

Programa


10:00  Presentación
María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC


10:10  Prevención e protección contra incendios nos centros de traballo. 
Rubén Rodríguez – Xerente de Enxeñería PFP PROSEGUR


11:00  Prevención e protección contra incendios nos centros de traballo. 
Jesús Valencia – Oficial técnico Servizo de Bombeiros A Coruña


11:45  Control regulamentario das instalacións de protección contra incendios
Ana Cupeiro  – Presidenta da Asociación Galega de Organismos de Control (ASGOCA)


12:00  Café - Coloquio