Charla informativa | Unha Galicia que suma talento
Datos generales
Tipo de evento: Jornada
Asistencia: Mixta (P+R)
Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008
Descripción
A xornada será inaugurada por Antonio Fontenla Ramil, presidente da Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), e contará coa clausura de Cristóbal Dobarro Gómez, presidente da Confederación de Empresarios de Ferrolterra (Cofer).
Durante a sesión abordaranse as principais iniciativas previstas para 2026:
- Emprego e formación: consolidación do modelo galego de formación para o emprego, microcredenciais e medidas para formar e reter talento.
- Incentivos á contratación: programas que vinculan formación e contratación con apoio directo ás empresas.
- Atracción e retorno do talento: medidas no marco da Estratexia Galicia Retorna e captación de talento exterior.
- Emprendemento e persoas autónomas: novas liñas de apoio, polos de emprendemento e reforzo do tecido autónomo.
- Comercio local: impulso á modernización, dixitalización e dinamización do comercio de proximidade.
Unha oportunidade para coñecer de primeira man as actuacións que marcarán a axenda económica e empresarial de Galicia no vindeiro ano.
A xornada celebrarase en formato híbrido (presencial e en liña) para facilitar a participación do tecido empresarial.

