Avaliación da exposición ao radon nos centros de traballo: leccións aprendidas e boas prácticas


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Jornada

Asistencia: Presencial

Localización: Rúa do Vilar, 54, 15705 Santiago de Compostela, 15705

Información adicional: Avaliación Rn

Descripción


A exposición ao radón nos centros de traballo é unha cuestión que adquiriu unha crecente relevancia nos últimos anos, tanto pola evolución da normativa como pola necesidade de avaliar e controlar este risco en determinados espazos laborais. Nesta sesión realizarase un breve repaso ao marco normativo vixente, analizarase o grao de implantación das avaliacións da exposición ao radón por parte de empresas e institucións e compartirase a experiencia acumulada durante este proceso. Ademais, exporanse as principais solucións de remediación dispoñibles, xunto cunha aproximación aos seus custos, co obxectivo de facilitar ás empresas criterios prácticos para a toma de decisións e a xestión eficaz deste risco.


Dende a CEC, no marco das accións de información e promoción da PRL, organizamos esta sesión de traballo como un espazo para compartir coñecemento, intercambiar experiencias e reflexionar sobre os principais retos da xestión preventiva, co obxectivo de contribuír á mellora continua da seguridade e saúde nas organizacións.


Programa


10:00  Presentación

María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC


10:10  Avaliación da exposición ao radon nos centros de traballo: situación actual e   leccións aprendidas


Alberto Ruano –  Director do Laboratorio de Radon de Galicia


12:00  Café de peche