Desafíos da saúde mental na empresa actual


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Jornada

Asistencia: Presencial

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Información adicional: Saude mental

Descripción

Os trastornos relacionados coa saúde mental seguen á alza e son xa a segunda causa de baixa por incapacidade temporal en España, segundo INE. Ademais, soubemos polo INSST que as baixas por síntomas emocionais aumentaron preto dun 490% entre 2018 e 2024, os diagnósticos de #estrés grave un 230% e os trastornos de ansiedade un 120%. Estamos #ante unha auténtica crise de saúde mental, que nos afecta a todos os niveis e repercute no noso día a día de infinitas formas. 

Nesta sesión daremos un pouco de contexto a todo isto e reflexionaremos sobre que medidas pode tomar a empresa para mellorar a saúde mental dos seus equipos así como pequenos hábitos que podemos realizar de forma individual para axudarnos a mellorar nas nosas rutinas.

10:00 Presentación
 María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC

10:10 Desafíos da saúde mental na empresa actual
  • Contexto da saúde mental a día de hoxe
  • Como afectan as novas tecnoloxías e IA na saúde mental 
  • A desconexión dixital no mundo globalizado
  • A presión por obxectivos e os workaholic 
  • Agravantes pouco mencionados na saúde mental, maternidade, menopausa, coidados de persoas con dependencia...como afecta as mulleres e aos homes
  • Ferramentas que contribúen a mellorar o noso benestar
  • Preguntas e debate
 Mónica Seara – Regional Manager Affor Health

12:00 Peche