AllWomen "Violencias dixitais e impacto profesional: emprego, saúde e liderado"


Fechas y horarios

Ubicación

Datos generales

Tipo de evento: Jornada

Asistencia: Presencial

Localización: Plaza de Luis Seoane, 1, 15008 La Coruña, España, 15008

Descripción

Mesa redonda AllWomen: "Violencias dixitais e impacto profesional: emprego, saúde e liderado", un espazo de debate e reflexión arredor dunha problemática actual que sae das redes e ten consecuencias directas no desenvolvemento profesional das mulleres.
O evento estruturarase arredor dunha mesa redonda composta por diferentes mulleres profesionais de diversos sectores, quen compartirán a súa visión e experiencias. A continuación, abrirase un coloquio co público asistente para favorecer o intercambio de ideas e a participación activa.

Principais eixos do encontro:

  • Emprego e igualdade de oportunidades: Como as acoso e as violencias en liña prexudican a estabilidade laboral e a proxección das mulleres.
  • Saúde laboral: O impacto psicolóxico e emocional que xeran este tipo de condutas no benestar das traballadoras.
  • Lideraxe feminina e reputación profesional: Estratexias e desafíos para protexer a imaxe pública e a autoridade profesional fronte ás agresións dixitais.

Compoñen a mesa: 
- Alba Pardo, CEO de Innova Formación 
- Anabel Fernández, avogada laboralista e socia de Ancla Abogados
- Laura Casal, CEO de Nécora Estudio 
- Rocío Fraga, socióloga e técnica de Igualdade

Modera: Leticia Vázquez

Esta iniciativa enmárcase no compromiso do Gabinete de Igualdade da CEC por visibilizar os novos retos aos que se enfronta o talento feminino, promovendo entornos laborais seguros, libres de violencia e igualitarios.

Retransmisión en directo del evento: https://www.youtube.com/watch?v=trMswXs8o3o