Que mellor xeito de arrancar o 2025 que cun proxecto centrado na sostenibilidade e na economía circular.
Desde a Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), coa financiación do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), comprácenos presentar a iniciativa: Espazos de Encontro sobre Sustentabilidade e circularidade no sector alimentario, dirixido a todas as entidades da CEC relacionadas coa cadea de valor do sector da alimentación.
Este programa ten como obxectivo abordar de maneira transversal a sustentabilidade e a economía circular no sector a través dunha serie de actividades que inclúen:
  • Catro obradoiros formativos: orientados a temas clave como contabilidade ambiental, modelos de negocio circulares, sistemas de responsabilidade ampliada do produtor e a xestión do desperdicio alimentario.
  • Catro visitas: a entidades de referencia que promoven a sustentabilidade.
  • Un evento final: para intercambiar ideas, experiencias e aprendizaxes.

O programa inicial é o seguinte:

  • Febreiro:
    • 26/02/2025: Obradoiro de modelos de negocios circulares (4 horas)
    • 28/02/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
  • Marzo:
    • 26/03/2025: Obradoiro de sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor (4 horas)
    • 28/03/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
  •  Abril:
    • 23/04/2025: Obradoiro de desperdicio alimentario (4 horas)
    • 25/04/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
  • Maio:
    • 21/05/2025:  Obradoiro de contabilidade ambiental (4 horas)
    • 23/05/2025: Visita a entidade que promove a sustentabilidade
  • Xuño:
    • 11/06/2025: Evento final

A inscrición é gratuíta e está aberta a 10 empresas, que deberán participar en todas as actividades propostas. Permítese que diferentes persoas da mesma empresa asistan ás actividades segundo a súa dispoñibilidade.

A sostenibilidade e o crecemento económico poden reforzarse mutuamente.

Anímaste?

Contacta connosco:

cec@cec.es  | 981133702