AJE GALICIA  presentavos  o Programa de apoio a PEMES e emprendedores «IMPULSO RURAL», un programa organizado por esa Asociación coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo. As reservas realizaranse por orde de inscrición ata completar aforo.
Un programa co obxectivo de dotar a emprendedores e PEMES de zonas rurais coas ferramentas  e capacidades necesarias para impulsar os seus negocios no actual  contexto económico. Para elo, o programa combina:

  • Asesoramento personalizado: con mentores de proxecto e especialistas que vos axudarán a dar resposta as necesidades concretas dos vosos negocios
  • Talleres formativos en habilidades clave, impartidos por expertos, coa innovación, o deseño de negocio e a dixitalización como elementos transversais

Cada empresa/proxecto terá acceso a 18 horas de formación e 6 horas de asesoramento individual, realizadas por un mentor de proxecto e un mentor especialista que se asignará en función das súas necesidades.
Formación presencial no Edificio Forum Carballo; Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo.
Inscricions en:  https://forms.gle/FMn2h7S8CadTASyk6