
A remuda xeracional marca o futuro do sector primario
A mesa sectorial de Provincia Emprendedora conclúe que o futuro do sector pasa por transformar máis, vender mellor e asegurar a remuda xeracional.
As empresas participantes coinciden en que é necesario impulsar a innovación e mellorar o recoñecemento dunhas actividades esenciais para manter o territorio, a economía rural e a seguridade alimentaria.
O sector primario é clave para a economía da provincia. A calidade dos seus produtos, o coñecemento acumulado e a súa vinculación co territorio son algúns dos seus principais activos. Con todo, o estudo reflicte unha realidade clara: o sector xera valor, pero ese valor non sempre chega a quen produce.
Retos: O principal desafío segue a ser a remuda xeracional. A dificultade para incorporar xente nova, o exceso de burocracia e unha normativa difícil de aplicar nas pequenas explotacións poñen en risco o futuro de moitas actividades.
A fragmentación do tecido produtivo es as dificultades para transformar a materia prima continúan sendo un freo para moitas explotacións. A isto engádese e a necesidade de reforzar a comercialización para competir nun mercado no que o o prezo segue pesando máis ca calidade á hora de mercar.
Outro reto é adaptar a oferta aos novos hábitos de consumo. O mercado tamén está a cambiar. As persoas consumidoras demandan cada vez máis produtos sostibles e diferenciados, polo que resulta necesario reforzar a innovación e impulsar marcas capaces de transmitir o valor do produto galego.
Fortalezas: Fronte a estes desafíos, o sector conta con importantes fortalezas. A calidade e diversidade do produto galego, a experiencia dos seus profesionais e a súa estreita vinculación co territorio seguen a ser algún dos seus principais activos. O obxetivo é aproveitar mellor esas vantaxes, impulsando a transformación, creando marcas máis recoñecibles e reforzando as conexións coa gastronomía, o turismo e outros sectores que achegen valor ao produto.
A colaboración entre produtores, a dixitalización, a venda directa, unha mellor comunicación da orixe e calidade do produto, así como o uso de novas ferramentas de comunicación preséntanse como algunhas das principais oportunidades para reforzar a competitividade do sector e conseguir que unha maior parte da riqueza que xera permaneza no territorio.





