Dende a CEC presentamos unha serie de manuais prácticos baseados no saber popular e na retranca galega para revisar aspectos preventivos das empresas e propor melloras inmediatas. Porque a saúde no traballo é unha responsabilidade compartida, e entender os riscos con sentidiño é o primeiro paso para evitar accidentes.
Outra vaca máis no millo
Frase: Risco sen xestionar, outro que vén detrás.
Evita o efecto bola de neve cos problemas pendentes. Se non controlas unha deficiencia inicial, acabarán acumulándose novos riscos. Con esta guía aprenderás a priorizar as accións correctoras segundo a súa gravidade e a coordinar de xeito seguro a concorrencia de empresas.


