A PRL singular require unha atención específica, adaptada ás particularidades de determinadas actividades, colectivos e contornos laborais, así como aos riscos que presentan maiores dificultades para a súa identificación, avaliación e control. Nesta xornada abordaranse os principais retos que presenta a xestión preventiva nestes ámbitos, afondando nas súas particularidades e nas medidas e solucións que poden contribuír a mellorar a protección da seguridade e saúde das persoas traballadoras. A través da análise de experiencias e da presentación de boas prácticas, buscarase ofrecer criterios útiles para avanzar cara a unha prevención máis eficaz, adaptada ás necesidades reais das organizacións.

Dende a CEC, no marco das accións de información e promoción da PRL, organizamos esta sesión de traballo como un espazo para compartir coñecemento, intercambiar experiencias e reflexionar sobre os principais desafíos da prevención de riscos laborais en contextos singulares, co obxectivo de facilitar a súa abordaxe práctica e contribuír á mellora continua da seguridade e saúde nas organizacións.

Programa

15:00  Presentación

Pablo Rodríguez – Docente EFA Fonteboa

15:10  PRL en contornas singulares

María Botana – Asesora PRL e RSC da CEC

17:00  Coloquio