A prevención, mellor entendida. E mellor aplicada.

No marco do Proxecto de sensibilización e información en prevención de riscos laborais (PRL) e con motivo da Semana Europea da Seguridade e Saúde no Traballo, presentamos as Mini guías PRL: unha colección de recursos prácticos pensados para achegar a cultura preventiva ás empresas e ás persoas traballadoras.

A través da retranca galega, de expresións populares e de mensaxes próximas e recoñecibles, estas mini guías convidan a reflexionar sobre os riscos laborais e a importancia de actuar antes de que se produzan accidentes ou danos para a saúde.

Cada frase convértese nunha oportunidade para revisar como se xestiona a prevención, identificar posibles melloras e lembrar que a seguridade e a saúde no traballo son unha responsabilidade compartida.

Porque detrás de cada retranca hai unha mensaxe preventiva. E detrás de cada mensaxe, unha oportunidade para mellorar.

Que atoparás nas mini guías?

  • Mensaxes para reflexionar: frases populares que nos axudan a achegarnos á prevención dun xeito ameno e directo.
  • Puntos de control: preguntas prácticas para revisar a xestión preventiva na empresa.
  • Propostas de mellora: orientacións para detectar deficiencias, reforzar boas prácticas e avanzar cara a contornas de traballo máis seguras e saudables.

Consulta as mini guías, compárteas e utilízaas como apoio para promover a sensibilización, a participación e a mellora continua da prevención nos lugares de traballo.

A prevención tamén se entende con sentidiño. Bótalle un ollo ás mini guías e pon a prevención en práctica!