A CEC analiza o impacto das violencias dixitais na vida profesional e persoal das mulleres
- As violencias dixitais teñen consecuencias que van moito máis alá das redes e poden afectar á saúde mental, á carreira profesional a á presenza pública das mulleres. Sobre esta realidade xirou a mesa redonda ALLWomen “Violencias dixitais e impacto profesional: emprego, saúde e liderado”, celebrada na CEC, dentro das iniciativas do seu Gabinete de Igualdade, coa participación de profesionais dos ámbitos empresarial, xurídico e social.
A Coruña, 1 de outubro de 2026.- A Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC), a través de su Gabinete de Igualdade, celebrou na súa sede a mesa redonda AllWomen “Violencias dixitais e impacto profesional: emprego, saúde e liderado”, moderada por Leticia Vázquez, publicista e influencer especialista en dereitos humanos.
A conversa deixou claro que as violencias dixitais non quedan nas redes. As súas consecuencias trasládanse á vida personal e profesional das mulleres, afectan á saúde mental, condicionan a súa presenza pública e poden levar á autocensura ou ao abandono de determinados espazos. Unha presión que, ademáis, aumenta, canto maior é a exposición pública da muller.
Laura Casal, Ceo de Nécora Estudio, falou do elevado custe persoal e profesional que pode ter esta exposición para as mulleres que traballan ou desenvolven parte da súa actividade nas redes sociais. Tamén sinalou a falta de ferramentas eficaces de protección e o papel das propias plataformas, que, segundo se apuntou durante a mesa, non poden considerarse espazos neutros ante este tipo de violencia.
Desde a ámbito laboral, Anabel Fernández, abogada e socia de Ancla Avogados, abordou as dificultades para identificar e acreditar estas situacións. Durante a súa intervención diferenciou entre distintas formas de acoso e violencia e inistiu na importancia de conservar probas, pedir asesoramento, e contar con protocolos que permitan actuar cando estas condutas teñen unha relación co ámbito profesional.
Rocío Fraga, socióloga e técnica de igualdade, puxo o foco no efecto que a violencia dixital machista ten sobre a participación das mulleres no espazo público. Os ataques que reciben as mulleres con presenza política, profesional ou social non se dirixe sempre ao seu traballo, senón tamén á súa condición de mulleres, á súa apariencia e á súa vida persoal. Esa presión, sinalou, pode acabar condicionando decisión profesionais e reducindo a presenza feminina en determinados ámbitos da vida pública.
A mesa abordou tamén o papel das empresas. Cando a exposición nas redes forma parte da actividade profesional, estas situacións alleas ao ámbito laboral. Falouse da necesidade de protexer ás persoas traballadoras tamén neste espazo e de prestar atención as consecuencias que a violencia dixital pode ter sobre a saúde, a reputación profesional e o desempeño do traballo.
Outro dos asuntos que apareceu ao longo do debate foi a normalización de determinadas condutas machistas nas redes, e o peso que están adquirindo algúns discursos entre a xenta máis nova. As persoas participantes destacaron neste punto a importancia da educación e da prevención, así como a necesidade de implicar tamén aos homes na resposta ás violencias dixitais.
Alba Pardo, CEO de Innova Formación, defendeu precisamente aun cambio de enfoque. Fronte á tendencia de pedirlles ás mulleres que se protexan, limiten a súa exposición ou modifiquen o seu comportamento nas redes, apostou por poñer o foco en quen exerce a violencia e no contexto social que permite que determinadas condutas se normalicen.
A actividade forma parte das acción que desenvolve o Gabinete de Igualdade da CEC para abordar cuestións que afectan á igualdade tamén no ámbito laboral e profesional.








