Provincia Emprendedora

Provincia Emprendedora2026-10-26T10:44:44+01:00
Deputación da Coruña

Provincia Emprendedora: impulso á actividade empresarial

Impulsa Coruña ofrece un conxunto de actuacións orientadas a apoiar a creación, consolidación e desenvolvemento de proxectos empresariais na provincia. A través dun servizo integral de asesoramento e acompañamento, o programa facilita o emprendemento e contribúe a fortalecer o ecosistema empresarial. Estas actuacións desenvólvense en todo o territorio, con especial presenza nas comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Ordes, Betanzos, A Coruña, Eume, Ortegal e Ferrol, garantindo un servizo accesible e adaptado á realidade económica de cada zona.

Mesas sectoriais participativas

Fomento do emprendemento e da actividade empresarial

Actuacións orientadas a apoiar a creación, consolidación e desenvolvemento de proxectos empresariais, a través de servizos de asesoramento a persoas emprendedoras, apoio na procura de financiamento e accións de impulso da cultura emprendedora no ámbito educativo e social.

Acompañamento integral ao emprendemento

O programa ofrece asesoramento a persoas emprendedoras ao longo de todo o proceso, desde a definición da idea ata a posta en marcha e consolidación do proxecto.

Equipo mentor de Impulsa Coruña

Fran Muiños Cernadas

Fran Muiños Cernadas

TECNOLOXÍA E COMUNICACIÓN

Especialista en márketing dixital e intelixencia artificial, liderando proxectos de comunicación, innovación e crecemento para empresas e startups.

Manuel García García

Manuel García García

EMPRENDEMENTO E INNOVACIÓN

Especialista en emprendemento e innovación. CEO e mentor en aceleración de startups, estratexia e captación de investimento.

Mª IGNACIA LÓPEZ QUEIPO

Nachy López Queipo

EXPORTACIÓN E COMERCIALIZACIÓN

Directiva en negocio internacional, experta en expansión, apertura de mercados e crecemento das vendas en múltiples países.

Rosa Vázquez Rogel

Rosa Vázquez Rogel

DESENVOLVEMENTO DE NEGOCIO E FINANZAS

Máis de 25 anos impulsando proxectos tecnolóxicos, startups e programas de aceleración, combinando visión estratéxica, financeira e desenvolvemento de negocio.

Rosa Pumar Rodríguez

Rosa Pumar Rodríguez

MARCA E COMUNICACIÓN

Máis de 30 anos liderando proxectos para grandes compañías, desenvolvendo estratexias que conectan coas persoas e xeran valor para as marcas.

Javier Represas

DESENVOLVEMENTO DE NEGOCIO

Especialista en emprendemento e desenvolvemento de negocio. CEO e mentor en aceleración de startups, estratexia e captación de investimento.

María Ucieda

María Ucieda

ESTRATEXIA EMPRESARIAL

Máis de 20 anos asesorando e mentorando proxectos emprendedores e startups nas súas distintas fases, con especial énfase en estratexia, márketing, recursos humanos e sustentabilidade.

María Blanco

María Blanco

DESENVOLVEMENTO DE PRODUTO

Especialista en comercio exterior e acompañamento estratéxico a emprendedoras e entidades públicas e privadas en procesos de internacionalización.

Agustina Pereira

Agustina Pereira

SUBVENCIÓNS E FINANCIACIÓN PÚBLICA

Especialista na solicitude e xestión integral de subvencións dirixidas a pemes, cooperativas e persoas emprendedoras.

Impulsamos as túas ideas, apoiamos o teu futuro.

Acompañámoste no camiño de emprender con recursos, asesoramento, financiamento e espazos para desenvolver o teu proxecto.

Que necesitas para emprender?

Axudas e financiamento

Axudas e financiamento

Descubre as subvencións e oportunidades económicas dispoñibles para poñer en marcha, consolidar ou facer medrar o teu negocio.

Asesoramento

Asesoramento

Conta co apoio de profesionais que te acompañarán nos primeiros pasos, resolverán as túas dúbidas e axudarán a desenvolver o teu proxecto.

Espazos de traballo

Espazos de traballo

Atopa o lugar ideal para desenvolver a túa actividade, conectar con outros profesionais e compartir novas oportunidades.

Recursos e ferramentas

Recursos e ferramentas

Accede a guías, modelos e solucións prácticas para estruturar a túa idea, analizar a súa viabilidade e planificar os seguintes pasos.

Atopa as axudas para o teu proxecto

Consulta as oportunidades de financiamento e apoio ao emprendemento.

Código Convocatoria Inicio Fin
IG408B Préstamos directos para la financiación empresarial en Galicia 26/01/2026 01/12/2026
IG408G Axudas a startups – Sede electrónica – Xunta de Galicia 28/01/2026 30/09/2026
IG300C Ayudas a la transformación digital de las pymes, cofinanciadas por la Unión

Europea en el marco del programa Galicia Feder 2021–2027

11/06/2026 10/07/2026
TR880A Axudas ao emprendemento – Xunta de Galicia 31/01/2026 02/03/2026
TR802G Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis. – Xunta de Galicia 02/03/2026 16/09/2026
TR802J Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa II:

Fomento do acceso á condición de persoa social. – Xunta de Galicia

02/03/2026 16/09/2026
PR937A Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega.  – Xunta de Galicia 09/02/2026 30/09/2026
TR340E Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica–IEBT – Xunta de Galicia 17/02/2026 30/09/2026
TR341D Promoción do emprego autónomo das persoas traballadoras autónomas. – Xunta de Galicia 11/02/2026 30/09/2026
TR790A Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas. – Xunta de Galicia 11/02/2026 30/09/2026
TR341Q Bono das persoas traballadoras autónomas.  – Xunta de Galicia 11/02/2026 30/09/2026
TR353D Bono remuda das persoas traballadoras autónomas.  – Xunta de Galicia 11/02/2026 30/09/2026
TR341R Axudas para a conciliación da persoa traballadora autónoma. – Xunta de Galicia 11/02/2026 30/09/2026
TR349F Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas – Xunta de Galicia 11/02/2026 30/09/2026
PE610C Axudas para fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro –  Xunta de Galicia 04/06/2026 30/10/2026
SI429A Programa EMEGA. – Xunta de Galicia 04/07/2026 03/08/2026
PEL EMPRENDE AUTÓNOMOS 15/11/2025  16/12/2025
PEL EMPRENDE INVESTIMENTO 15/11/2025  16/12/2025
PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN DO CADRO DE PERSOAL 15/11/2025  16/12/2025
PEL PEMES MANTEMENTO DO CADRO DE PERSOAL 15/11/2025  16/12/2025
BDNS 919028 Subvenciones para el mantenimiento del empleo femenino “EmprendOU en feminino” 23/07/2026 30/10/2026
IG422G Ayudas Foexga (Fomento de las exportaciones gallegas) 24/01/2026 30/10/2026
TR301P Subvenciones del programa Galicia suma talento: Plan de formación empresas 14/01/2026 01/12/2026

Outros servizos de apoio

Descubre outros servizos de apoio e asesoramento para poñer en marcha ou consolidar a túa actividade.

Puntos PAE

Puntos PAE

Accede a información e asistencia para crear a túa empresa ou iniciar a túa actividade como autónomo. Resolve dúbidas sobre os trámites administrativos, as distintas formas xurídicas e as axudas públicas dispoñibles, simplificando os pasos necesarios para comezar a túa actividade.

Un lugar onde facer medrar o teu proxecto

Descubre a Rede Provincial de Coworking e outros espazos de apoio ao emprendemento da provincia da Coruña, con instalacións, equipamento especializado e servizos de asesoramento para impulsar novos proxectos, fomentar a colaboración e favorecer o desenvolvemento empresarial.

Da idea ao plan de empresa

Ferramentas prácticas para analizar a viabilidade do teu negocio e planificar os primeiros pasos.

Modelo Canvas

Análise DAFO

Plan de empresa

Máis ferramentas

Tes dúbidas? Axudámosche a resolvelas

Que necesito para saber se a miña idea de negocio é viable?2026-10-15T11:43:16+02:00

Necesitas analizar o teu público obxectivo, estudar a competencia, calcular os custos de inicio e definir como vas xerar ingresos mediante un plan de negocio simplificado.

É obrigatorio facer un plan de empresa?2026-10-15T11:43:38+02:00

Non é obrigatorio por lei, pero si resulta imprescindible se vas solicitar financiamento bancario, subvencións públicas ou buscas investidores privados.

Podo emprender se non teño capital inicial?2026-10-15T11:43:58+02:00

Si, mediante metodoloxías como o Lean Startup ou o Bootstrapping, que consisten en lanzar unha versión mínima do teu produto ou servizo para comezar a facturar co menor investimento posible.

É mellor darse de alta como autónomo ou crear unha Sociedade Limitada (S.L.)?2026-10-15T11:44:20+02:00

Darse de alta como autónomo é máis rápido e económico para comezar. A S.L. é recomendable cando se factura máis, hai varios socios ou se quere protexer o patrimonio persoal fronte ás débedas.

Onde me podo informar para dar de alta unha empresa?2026-10-15T11:44:41+02:00

Puntos de atención ao emprendedor (PAE), Cámaras de Comercio, Concellos, Consellerías de Emprego.

Onde se realizan os trámites de constitución dunha empresa?2026-10-15T11:45:00+02:00

De forma centralizada nos Puntos de Atención ao Emprendedor (PAE), que permiten realizar os trámites estatais, autonómicos e locais de maneira conxunta mediante o sistema electrónico CIRCE.

Que axudas públicas existen para novos emprendedores?2026-10-15T11:45:25+02:00

As máis comúns son as subvencións para o establecemento como autónomo, os pagamentos únicos da prestación por desemprego e as liñas de financiamento bonificadas (como os préstamos ICO).

Como podo invertir o cobro do paro na creación dunha empresa?2026-10-15T11:45:51+02:00

Pódese capitalizar a prestación por desemprego. É unha medida destinada a fomentar e facilitar iniciativas de emprego autónomo.

Que permisos municipais necesito para abrir un local físico?2026-10-15T11:46:16+02:00

Necesitas tramitar no teu concello a Licenza de Actividade ou Apertura, ou ben presentar unha Declaración Responsable se a túa actividade non xera molestias nin riscos ambientais.

Cando debo comezar a emitir facturas e declarar impostos?2026-10-15T11:46:40+02:00

Desde o mesmo día en que a túa alta na Axencia Tributaria (Facenda) sexa efectiva, momento a partir do cal deberás declarar o IVE e o IRPF correspondentes.

Que é exactamente un plan de empresa?2026-10-15T11:47:43+02:00

É un documento escrito que describe detalladamente o teu proxecto empresarial, os teus obxectivos, as estratexias para alcanzalos e a viabilidade financeira do proxecto.

Que apartados clave debe incluir un plan de empresa?2026-10-15T11:47:53+02:00

Debe incluír a descrición do negocio, o estudo de mercado, a estratexia de márketing e vendas, a estrutura organizativa e o plan económico-financeiro.

Canto tempo debe abarcar a previsión financeira?2026-10-15T11:48:10+02:00

O habitual é realizar unha proxección financeira a tres anos, detallando os ingresos, os gastos, o fluxo de caixa e o punto de equilibrio (cando comezarás a obter beneficios).

Actividade subvencionada pola:

Logotipos PRL

COMO PODEMOS AXUDARCHE?

Selecciona a opción correspondente para acceder ao formulario de asesoramento adecuado.

Ir a Arriba