Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) convidámosvos a participar no webinar “Construíndo benestar: ferramentas para contornas de traballo psicosocialmente saudables”, organizado en colaboración con Asepeyo.
🗓 Data: 23 de abril de 2026
⏰ Horario: 10:00 – 11:40 h
💻 Modalidade: Videoconferencia
Nun contexto laboral cada vez máis esixente e cambiante, os factores psicosociais convertéronse nun elemento clave para a saúde das persoas traballadoras e o bo funcionamento das organizacións. A xestión do estrés, a carga de traballo, o clima laboral ou o estilo de liderado inflúen directamente no benestar, na motivación e no rendemento.
Este webinar, enmarcado no Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo 2026, centrado nas contornas de traballo psicosocialmente saudables, ofrecerá unha visión práctica sobre o marco normativo e estratéxico dos riscos psicosociais, abordará cuestións frecuentes das empresas e a súa resolución desde a PRL, así como estratexias e ferramentas para transformar o diagnóstico en acción en distintos contextos organizativos.


