8M: A Muller como pulo transformador e sostén comunitario
Un ano máis sumámonos a conmemoración do 8M da man da Deputación da Coruña que salienta o poder colectivo das mulleres para transformar a sociedade.
Destacamos o papel da muller nas loitas sociais e laborais como pulo transformador e sostén comunitario, aínda que non sempre recoñecido.
Recuperar a súa memoria, facer visibles as súas resistencias e fortalecer a sororidade permítenos lembrar que a igualdade non está garantida: constrúese cada día coa implicación activa de toda a cidadanía
Sen as mulleres non hai progreso nin xustiza social.


