25N: Día internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres

En 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas designou o 25 de novembro como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres como lembranza do brutal asasinato das tres irmás Mirabal na República Dominicana cometido pola policía secreta do ditador Leónidas Trujillo o 25 de novembro de 1960.

Transcorreron as décadas pero as violencias perduran e atopan novos espazos nos que manterse e inclusive medrar, especialmente entre a xente máis nova.

Un ano máis sumámonos á Deputación da Coruña e miramos DeFronte as violencias contra a muller, incluíndo ás novas formas de violencia machista dixital: “Que o futuro non nos leve ao pasado” e convidámosvos á reflexión e participación nas nosas redes sociais cunha mensaxe, pensamento ou compromiso persoal contra a violencia machista.