Co obxectivo de fundamentar e orientar as actuacións preventivas que se poden desenvolver no eido empresarial tendo en conta as Notas Técnicas de Prevención (NTP) publicadas polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), e que consideramos unha referencia técnica esencial no ámbito da prevención de riscos laborais,  presentamos as que están vencelladas coa xestión do risco químico:

Título Ano Contido clave
NTP 1183 Agentes químicos: evaluación cualitativa del riesgo químico por inhalación (IV). Método Stoffenmanager® (Parte 1) (Portal INSST) 2023 Descrición da ferramenta Stoffenmanager® para avaliación cualitativa de exposición por inhalación de sustancias químicas.
NTP 1184 Agentes químicos: evaluación cualitativa del riesgo químico por inhalación (IV). Método Stoffenmanager® (Parte 2) (Portal INSST) 2023 Continuación da parte 1; profundiza no cálculo da puntuación de exposición, bandas e priorización de medidas.
NTP 1080 Agentes químicos: jerarquización de riesgos potenciales (método baseado no INRS) (Portal INSST) 2017 Método para establecer prioridades entre axentes químicos mediante variables como perigosidade, cantidade e frecuencia.
NTP 1198 Ficha de datos de seguridad: utilización en la empresa (Portal INSST) 2024 Guia para a correcta utilización das Fichas de Datos de Seguridade nas empresas, base fundamental para a xestión do risco químico.
NTP 1181 Productos cosméticos: identificación de agentes químicos peligrosos (II) (Portal INSST) 2023 Enfocada nun sector específico (cosméticos) na que analiza como identificar axentes químicos perigosos usados nese sector laboral.

As NTP recollen criterios, metodoloxías e recomendacións actualizadas para a xestión preventiva nas empresas.