Co obxectivo de fundamentar e orientar as actuacións preventivas que se poden desenvolver no eido empresarial tendo en conta as Notas Técnicas de Prevención (NTP) publicadas polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST), e que consideramos unha referencia técnica esencial no ámbito da prevención de riscos laborais,  presentamos as que están vencelladas coa xestión dos riscos psicosociais:

As NTP recollen criterios, metodoloxías e recomendacións actualizadas para a xestión preventiva nas empresas.

Para cada unha das temáticas prioritarias abordadas, identificáronse as NTP correspondentes que serven de base técnica e documental para o deseño das accións de información, sensibilización e asesoramento desenvolvidas polo Gabinete técnico PRL da CEC.