Xornada AJE CORUÑA “Planeta On: Implanta a sustentabilidade no teu negocio”
Dende AJE Coruña convidámosvos a participar na xornada “Planeta On: Implanta a sustentabilidade no teu negocio” que terá lugar o mércores 29 de outubro de 2025, de 18:00 a 20:00 h, no Nordés Club Empresarial.
Trátase dunha mesa redonda na que tres empresas compartirán as súas experiencias e boas prácticas en materia de sostibilidade, guiadas por un moderador que dinamizará o debate.
Durante a sesión abordaranse temas como:
- Modelos e exemplos inspiradores de sostibilidade empresarial.
- Retos específicos da sostibilidade en pequenas empresas.
- Innovación sostible.
- Recomendacións prácticas para aplicar a sostibilidade no día a día da empresa.
Relatores:
- Rodrigo López Piquín, CEO de Permae.
- Ana de Aspe Doldán, directora de A Tribu Verde.
- Máximo Sánchez, cofundador de airCO2.
Moderador:
- Iván García Queijo, fundador de BIMA.
O obxectivo desta sesión é crear un espazo de reflexión práctica, intercambio de experiencias e aprendizaxe conxunta, que inspire ás empresas participantes a avanzar cara a modelos máis responsables e sostibles.
Ao remate da mesa redonda, celebraremos un pequeno espazo de networking.
Data: Mércores, 29 de outubro de 2025
Hora: 18:00 a 20:00 h
Lugar: Nordés Club Empresarial


