A CEC desenvolve no mes de outubro unha serie de accións formativas no marco das axudas para o Fomento da Prevención de Riscos Laborais na nosa comunidade, que financia a Xunta de Galicia.

En Galicia moitas actividades implican desenvolver tarefas complexas, que requiren unha integración efectiva das normas de seguridade en todo momento. Realizar actividades en espazos confinados, con presencia de amianto ou tarefas en altura, nos traballos verticais, implican preparación e coñecemento.

Cada hora de formación en técnicas de seguridade é tempo adicado á reducir os riscos e a aumentar as competencias e habilidades para actuar nos momentos críticos.

Coñecer os riscos e aprender a manexar equipos e procedementos de traballo é garantía de seguridade.

Por iso invitámosvos a participar nas accións que sexan do voso interese:

  • Seguridade nos traballos verticais | 16 horas | 13 e 14 de outubro | Cambre
  • Traballos con risco de exposición ao amianto | 20 horas | 21, 22 e 23 de outubro | Bergondo
  • Seguridades nos traballos en espazos confinados | 10 horas | 22 e 23 de outubro | Cambre

A asistencia a calquera dos cursos é gratuita, pero requiere inscrición.