Fórmate, reorienta e volve traballar cun programa pensado para ti.
Se traballaches ou estás afectado/a polo peche das centrais térmicas das Pontes ou Meirama, este é o teu momento.
A Xunta de Galicia, co apoio da Unión Europea, pon en marcha un programa gratuíto para axudarte a volver ao mercado laboral, cambiar de sector ou incluso emprender o teu propio proxecto.
Obxectivos

ITINERARIOS Á MEDIDA
Adaptados á túa experiencia e intereses para que avances ao teu ritmo e cara aos teus obxectivos.

FORMACIÓN
Sectores con futuro: enerxías renovables, dixitalización, eficiencia enerxética e moito máis.

EMPRENDE O TEU CAMIÑO
Apoio na procura de emprego ou na posta en marcha do teu propio proxecto profesional.

SEMPRE AO TEU CARÓN
Acompañamento individual e continuo durante todo o proceso para que nunca te sintas soa/o.
A quen vai dirixido?
Se estás desempregado/a ou en activo e procedes dunha empresa afectada polo peche das centrais, podes participar.
Priorízanse persoas que residan nos seguintes concellos da provincia da Coruña:
Cerceda, As Pontes, Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Carral, A Laracha, Ordes e Tordoia.


Que conseguirás co programa?
Que accións inclúe?
01. Acollida e diagnose inicial
Coñeceremos o teu caso para deseñar un plan que se adapte a ti.
02. Talleres de sensibilización
Encontros grupais para descubrir oportunidades reais e inspirarte.
03. Orientación laboral personalizada
Para mellorar a túa empregabilidade ou valorar o camiño do autoemprego.
04. Formación profesional á carta
Aprende o que realmente se necesita hoxe: competencias dixitais, eficiencia enerxética, especialización industrial…
05. Apoio á recolocación
Accede a ofertas de emprego ou recibe axuda para montar o teu negocio.
6. Seguimento no emprego
Non estás só/a: acompañámoste tamén nos teus primeiros pasos no novo traballo.
Por que este programa é diferente?
Por que este programa é diferente?
Cuestións frecuentes (FAQs)
Terán prioridade as persoas que procedan de empresas afectadas, directa ou indirectamente, polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes (A Coruña). Entre elas inclúense:
- Empresas auxiliares que realizan tarefas de mantemento eléctrico, mecánico, control electrónico, ambiental, químico, ou ECAs que emiten certificacións de cumprimento normativo.
- Empresas de subministración de compoñentes industriais, almacéns de material eléctrico, electrónica, ferreterías, etc.
- Empresas constructoras e de obra civil, dedicadas á realización de obra nova ou ao mantemento de edificios.
- Empresas de seguridade encargadas do control de accesos á central e da vixilancia do perímetro e instalacións auxiliares (subestación, planta de tratamento de auga…).
- Empresas de transporte de mercadorías.
- Empresas electrointensivas afectadas polo encarecemento da electricidade derivado do peche das centrais térmicas.
Poderás participar no programa se formas parte da poboación afectada directa ou indirectamente polo peche das centrais térmicas:
- Persoas empregadas ou desempregadas que residan na provincia da Coruña e que procedan das centrais térmicas, ao verse afectadas directamente polo seu peche.
- Persoas empregadas ou desempregadas que residan na provincia da Coruña e que procedan de empresas provedoras das centrais térmicas, ao verse tamén afectadas directamente polo seu peche.
- Persoas empregadas ou desempregadas que residan na provincia da Coruña e que procedan de empresas cun centro de traballo localizado na zona de actuación (Cerceda, As Pontes e os municipios previstos nos protocolos de actuación dos convenios de Transición Xusta de Galicia), ao verse afectadas indirectamente polo peche das centrais.
Si, na provincia da Coruña, priorizándose 16 municipios afectados (Cerceda, As Pontes, Cabanas, A Capela, Cerdido, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Ortigueira, San Sadurniño, As Somozas, Carral, A Laracha, Ordes e Tordoia).
Perfecto. Terás acceso á Escola de Emprendedores/as e asesoramento personalizado.
Adaptada ao teu perfil e intereses. Inclúe contidos básicos, dixitais, verdes e tamén módulos para emprender.
Non, tamén podes participar se estás traballando nunha empresa afectada.
Cofinanciamento

¿NECESITAS MÁIS INFORMACIÓN?
Reconstrúe o teu futuro profesional con apoio real.

