Confederación de Empresarios de La Coruña

O  Real Decreto 902/2020 que desenvolveu o  RDL 6/2019 require ás empresas a elaboración dun rexistro retributivo con inclusión dos valores medios dos salarios, complementos salariais e percepcións extra salariais  desagregados por sexos, e a obtención das medias aritméticas e as medianas. Ase mesmo, esta información deberá fornecerse ás persoas traballadoras e os seus representantes legais.

 

Neste contexto, a Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia convídalle a asistir o próximo 11 de maio de 16.30h a 18.30h ó “Webinar práctico: O rexistro retributivo nas empresas” na que se explicará como facer na práctica o rexistro retributivo dunha empresa.

 

Neste encontro en liña contarán coa presenza da Directora Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade, Elena Mancha Montero de Espinosa e coas seguintes persoas expertas na materia:

 

  • Mónica González Otero. Inspectora de Traballo e Seguridade Social destinada en Vigo.
  • María de los Ángeles García, graduada social, avogada e auditora sociolaboral, experta en políticas de Igualdade,  PRL e  RSC. Presidenta de  APREGEN e asesora en materia de igualdade do presidente do consello xeral de graduados sociais de España.

Anímese a participar!! Xa pode inscribirse a través do seguinte enlace http://bit.ly/RexistroRetributivo

 

O prazo de inscrición finaliza o 01 de maio

 

Para máis información pode acceder a:

 

https://www.aigualdadelaboral.gal/novas?lang=gl

 

https://aigualdadelaboral.gal/files/WEBINAR_rexistro_retributivo.pdf

Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Certificaciones ISO 9001 por