Confederación de Empresarios de La Coruña

FORO ECONOMICO E SOCIAL DA DEPUTACION PROVINCIAL

O foro, constituído  nun acto celebrado no Pazo de Mariñán, contará con representación da patronal, sindicatos, universidades da provincia (UDC e USC) e outros axentes sociais, ademais do propio ente provincial.

González Formoso destaca que o FES xogará un papel moi importante no deseño de plans e proxectos estratéxicos para o futuro da Coruña en materias como emprego, industria ou loita contra a covid-19.

 

O acto de constitución do órgano consultivo  estivo presidido polo presidente da Deputación, e contou coa presenza dos reitores das universidades da Coruña e Santiago, Julio Abalde e Antonio López, o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, e os secretarios xerais comarcais da Unión Xeral de Traballadores(UGT), Ángel Iglesias, e Comisións Obreiras (CC.OO.), Cristóbal González, entre outros.

O presidente da CEC expresou  que a mellor forma de buscar solucións e consensos para o futuro parte sempre do diálogo social. A nivel estatal, vemos como se está avanzando en situacións que ás veces poden parecer complicadas, e o mesmo sucede en Galicia. Entendemos que este diálogo social, entre empresas e sindicatos, é tamén a mellor vía a nivel provincial, sobre todo cando este diálogo está apoiado e implica a unha institución como é a Deputación, e integra tamén ás dúas universidades. Este Foro é un proxecto ilusionante que conta co apoio da CEC desde o primeiro momento. E quero expresar a máxima satisfacción porque se poida levar a cabo.

 

 

Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Certificaciones ISO 9001 por