A Deputación da Coruña ven de publicar as bases e a convocatoria da cuarta edición do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial (PEL-EPR PREMIO), un galardón incluído entre as accións de incentivos á calidade e á innovación da idea empresarial do Plan de Emprego Local (PEL) co que se pretende recoñecer e promocionar o traballo realizado polas pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as, concellos e asociacións empresariais da provincia da Coruña, así como contribuír ao crecemento e desenvolvemento das mesmas.
Poden consultar as bases e a convocatoria publicadas no BOP na páxina web do Premio provincial á mellor iniciativa empresarial: