COMPRA DO NOSO é unha plausible iniciativa do Clúster da Comunicación de Galicia que tenta concienciar ao consumidor da importancia do comercio de proximidade e da necesidade de manter vivas tanto a industria como a empresa galega en xeral.
Esa idea a compartimos dende a Confederación de Empresarios da Coruña, organización na que sempre pensamos e dixemos que é importante que sexamos capaces de reducir a nosa dependencia da industria exterior. Neste senso, as circunstancias actuais nos ofrecen unha oportunidade única, como é a posibilidade de que apostemos decididamente por ser o máis autosuficientes posible.
Por iso, damos os nosos parabéns a esta iniciativa e saudamos a presencia na mesma da Xunta de Galicia e dos demáis actores que participan desta iniciativa e á que lle auguro un grande éxito.