Confederación de Empresarios de La Coruña

O Pazo de Mariñán (Bergondo) acolleu   o acto de entrega da III edición dos premios PEL, uns galardóns cos que a Deputación da Coruña recoñece cada ano ás mellores empresas da provincia e que este ano amplíase as iniciativas de asociacións, concellos e empresas en materia de emprego e aposta polo desenvolvemento económico.

O acto, conducido polo popular actor Marcos Pereiro, contou coa asistencia do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira, o deputado responsable da área de Emprego e alcalde de Culleredo, José Ramón Riobóo; o presidente do xurado e da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), Antonio Fontenla, así como numerosos alcaldes e unha nutrida representación do mundo empresarial da provincia da Coruña.

O presidente da Confederación de Empresarios da Coruña e tamén presidente do xurado, agradeceu á Deputación da Coruña o impulso a "unha brillante iniciativa que valoriza a innovación, o esforzo e a responsabilidade social das nosas empresas" e destacou o elevado nivel das empresas que concorreron aos premios e a profesionalidade do xurado, composto por José Manuel Cotos, profesor titular da USC; José Andrés Faíña, presidente do Grupo de investigación de Competencia e Desenvolvemento da Unión Europea da UDC; Carlos Fernández Bermúdez, vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña; Rosa Mary Cardeso, secretaria da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e Isabel Ferro, xerente de I+D na empresa Calvo.

Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Certificaciones ISO 9001 por