Confederación de Empresarios de La Coruña

La Confederación de Empresarios de La Coruña (CEC) organiza un programa formativo sobre “Transformación Dixital da Empresa”cuxo obxectivo é comprender como os cambios tecnolóxicos están transformando procesos, estratexias e xeración de valor, identificar cales son as áreas afectadas e coñecer as ferramentas esenciais para o proceso.

O proxecto, que é financiado polo Concello da Coruña, repetirase en diversas datas para facilitar a asistencia das persoas interesadas:

 

 

Todos eles nas instalacións de CEC, Praza Luis Seoanae, torre 1, entreplanta, A Coruña, e está composto por un seminario único de 10 horas, dividido en catro módulos: "A transformación dixital da organización do modelo de negocio", "A transformación dixital das persoas", "Estratexia dixital e a súa implementación" e "Ferramentas para a dixitalización da empresa". A asistencia é gratuíta e solicítase a inscrición previa.

Este programa está destinado a empresarios, microempresas e pequenas empresas, xestores , autónomos, técnicos e empresarios, relacionados co sector das novas tecnoloxías do municipio de A Coruña, para adquirir unha visión global da transformación dixital.

Máis información https://dixital.cec.es

Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Sello de empresa por la igualdad de oportunidades
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven
Certificaciones ISO 9001 por